Servizos

Servizos de tradución para adaptar os teus contidos a cada público

Todos parten do mesmo punto: entender que queres comunicar, a quen e en que contexto. Se non tes claro cal necesitas, cóntamo e axúdoche a decidir.

Solicitar orzamento
Dous post-its manuscritos: Non se traducen palabras. Tradúcense intencións. Lembrar: a quen vai dirixido?

Tradución para empresas

Traslado de contidos dunha lingua a outra, respectando o sentido, o ton e o contexto.

Que inclúe

Fidelidade ao sentido do texto orixinal

Adaptación do ton e do rexistro ao público

Revisión final antes da entrega

Linguas de traballo: inglés, galego e castelán; tamén francés e italiano.

Pode axudarche se…

«Necesitamos traducir o catálogo sen que perda a voz da marca.»

Pedir orzamento de tradución

Localización de software, aplicacións e webs

Adaptación lingüística e cultural de páxinas web e contidos dixitais para as persoas ás que se dirixen.

Que inclúe

Adaptación de referencias, formatos e convencións

Coherencia entre textos, interface e mensaxes

Revisión do contido no seu contexto final

Respecto de etiquetas, variables e código, tamén en follas de cálculo complexas

Colaboración estable en proxectos de localización continua

Pode axudarche se…

«A web xa está traducida, pero aínda non soa como se fose de aquí.»

Pedir orzamento de localización

Revisión lingüística e corrección de textos

Mellora da corrección, a coherencia, a claridade e o estilo dos textos.

Que inclúe

Corrección ortográfica, gramatical e de puntuación

Coherencia terminolóxica e de estilo

Propostas para gañar claridade

Revisión de traducións feitas por outras persoas e de textos orixinais

Pode axudarche se…

«O informe está escrito; agora falta que se lea ben.»

Pedir orzamento de revisión lingüística

Transcreación: a mesma intención, adaptada a cada cultura

Adaptación creativa de campañas, eslóganes e mensaxes de marca para que transmitan a mesma intención e o mesmo efecto noutra lingua e noutra cultura.

Que inclúe

Adaptación creativa de claims, eslóganes e textos publicitarios

Propostas alternativas razoadas para cada mensaxe

Coherencia co ton e a personalidade da marca

Pode axudarche se…

«Queremos que a campaña funcione en galego, non que pareza traducida.»

Pedir orzamento de transcreación

Asesoría cultural e naming de marca

Avaliación de nomes de marca, produtos e mensaxes para que funcionen entre falantes de galego e castelán, sen asociacións non desexadas nin coincidencias con palabras que xa teñen significado nesas linguas.

Que inclúe

Análise de nomes, claims e mensaxes

Detección de connotacións non desexadas

Recomendacións razoadas para cada contexto

Pode axudarche se…

«Funcionará este nome de produto onde o queremos lanzar?»

Pedir orzamento de asesoría cultural

Tradución xurada inglés-galego

Tradución oficial de documentos de inglés a galego e de galego a inglés, coa miña sinatura e o meu selo de tradutor xurado.

Que inclúe

Tradución completa e fiel do documento orixinal

Certificación coa sinatura e o selo de tradutor xurado

Orzamento e prazo pechados antes de comezar

Habilitación para inglés → galego e galego → inglés.

Pode axudarche se…

«Teño que presentar en galego un certificado que está en inglés.»

Pedir orzamento de tradución xurada

Como traballo

Do encargo á entrega: que podes esperar

Cada proxecto é distinto, pero o punto de partida sempre é unha conversa.

1

Cóntasme o proxecto

Envíasme o texto ou unha descrición do que precisas, o público ao que vai dirixido e os prazos.

2

Proposta e orzamento

Analizo o encargo e propóñoche o enfoque máis axeitado, cun orzamento e un prazo concretos.

3

Traballo e entrega

Desenvolvo o traballo, resolvo contigo as dúbidas que xurdan e entrego o resultado revisado.

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes antes de contratar

Se tes outra dúbida, escríbeme e respóndoche sen compromiso.

Canto custa unha tradución?

Depende da extensión, da combinación de idiomas, do tema e do prazo. Envío un orzamento pechado despois de ver o texto.

Con que idiomas traballas?

De inglés a galego e a castelán, e entre galego e castelán. Tamén francés e italiano.

Traballas con axencias de tradución?

Si, colaboro a diario con axencias, ademais de traballar directamente con empresas.

Fas traducións xuradas?

Si, de inglés a galego e de galego a inglés, como tradutor xurado habilitado. Se necesitas unha tradución xurada entre inglés e castelán, debe facela un tradutor habilitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores.

Contacto

Cóntame que necesitas e falamos

Escríbeme cos detalles do teu proxecto e respóndoche cunha proposta adaptada. A consulta non ten ningún compromiso.

Escríbeme