Tradución
Traslado de contidos dunha lingua a outra, respectando o sentido, o ton e o contexto.
Tradución · Localización · Revisión · Transcreación · Asesoría cultural
Son David Gil, tradutor e especialista en localización desde 2011. Axudo a empresas con produtos dixitais e a axencias de tradución a que os seus textos soen naturais en galego e en castelán.

Servizos
Cada encargo parte do mesmo punto: entender que queres comunicar, a quen e en que contexto.
Ver todos os servizosTraslado de contidos dunha lingua a outra, respectando o sentido, o ton e o contexto.
Adaptación lingüística e cultural de páxinas web e contidos dixitais para as persoas ás que se dirixen.
Mellora da corrección, a coherencia, a claridade e o estilo dos textos.
Adaptación creativa de campañas, eslóganes e mensaxes de marca para que transmitan a mesma intención noutra lingua e noutra cultura.
Avaliación da adecuación de marcas, mensaxes e contidos aos mercados ou contextos de destino.
Tradución oficial de documentos de inglés a galego e de galego a inglés, con sinatura e selo de tradutor xurado.
Linguas de traballo
Traballo principalmente cara ao galego e ao castelán. Cada texto tradúceo e revísao unha persoa: non entrego traducións automáticas sen revisar e coido a terminoloxía, o rexistro e o contexto de cada proxecto.

Quen son
Nacín en Burela, estudei Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo e especialiceime co Máster en Tradución & Paratradución e o Máster en Tradución Multimedia. Desde 2011 traballo por conta propia con axencias e empresas.
Formación
Tradución e Interpretación, máis dous mestrados
Experiencia
Desde 2011
Como traballo
Cada proxecto é distinto, pero o punto de partida sempre é unha conversa.
Envíasme o texto ou unha descrición do que precisas, o público ao que vai dirixido e os prazos.
Analizo o encargo e propóñoche o enfoque máis axeitado, cun orzamento e un prazo concretos.
Desenvolvo o traballo, resolvo contigo as dúbidas que xurdan e entrego o resultado revisado.
Contacto
Escríbeme cos detalles do teu proxecto e respóndoche cunha proposta adaptada. A consulta non ten ningún compromiso.
Escríbeme