Quen son

David Gil: experiencia, criterio e trato directo en cada tradución

Son David Gil, tradutor e especialista en servizos lingüísticos. Traballo por conta propia e de maneira directa: falas comigo desde a primeira consulta ata a entrega final.

Traxectoria

Unha traxectoria profesional que comezou en 2011

Nacín en Burela e estudei Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

Posteriormente, fixen o Máster en Tradución & Paratradución e o Máster en Tradución Multimedia. Vivín unha tempada en Mâcon, Francia, onde traballei como auxiliar de conversa en lingua española en dous institutos.

Para min, a mellor tradución é a que non parece unha tradución. A que se le con naturalidade, respecta a personalidade de cada marca e transmite a mensaxe coma se estivese pensada desde o principio para esa lingua. Por iso, coido a terminoloxía, o ton e o contexto de cada proxecto, sen perder de vista o máis importante: que o texto funcione e conecte con quen o le.

Comecei en 2011 cunhas prácticas nunha axencia de tradución e, ao rematalas, deime de alta como autónomo. Desde entón traballo como tradutor independente, con axencias de tradución e directamente con empresas. Estou especializado en contidos dixitais: software, aplicacións, sitios web e proxectos para grandes marcas tecnolóxicas cuxos detalles non podo revelar por confidencialidade. Con algúns clientes levo anos colaborando sen interrupción, sobre todo en proxectos de localización continua.

Como entendo o traballo

O meu criterio: respectar a intención, o contexto e os detalles

Rigor

Cada decisión sobre o texto ten unha razón: terminoloxía, rexistro e coherencia.

Sensibilidade cultural

Un texto non só cambia de lingua: cambia de lectores, de referencias e de contexto.

Claridade

Explico o que fago e por que, sen tecnicismos innecesarios.

Proximidade

Falas directamente comigo, desde a primeira consulta ata a entrega.

Formación e experiencia

Formación, especialización e linguas de traballo

Formación

Tradución e Interpretación

Universidade de Vigo

Máster en Tradución & Paratradución

Universidade de Vigo

Máster en Tradución Multimedia

 

Experiencia

Tradutor autónomo desde 2011

Tradución, localización e revisión para axencias e empresas

Habilitación como tradutor xurado

Inglés → galego e galego → inglés

Auxiliar de conversa en lingua española

Dous institutos en Mâcon (Francia)

Linguas de traballo

Inglés → Galego Inglés → Castelán Castelán → Galego Galego → Castelán Francés e italiano Xurada: inglés ↔ galego

Código e automatización

Non son programador, pero o código non me asusta. Teño nocións de Python e SQL, e uso a diario scripts de AutoHotkey que creei eu mesmo. As etiquetas, as variables e o formato dos teus ficheiros chegan intactos á versión traducida.

Excel avanzado

Moitos proxectos de localización e de testing xestiónanse en follas de cálculo complexas: cadeas de texto, informes de erros… Teño coñecementos avanzados de Excel, así que traballo nelas con soltura e sen romper nada.

Contacto

Cóntame que necesitas e falamos

Escríbeme cos detalles do teu proxecto e respóndoche cunha proposta adaptada. A consulta non ten ningún compromiso.

Escríbeme